No Día da Muller Traballadora

Como cada oito de marzo, celebramos hoxe o Día Internacional da Muller Traballadora. E como cada oito de marzo, lembramos que o camiño aínda é moi longo, e que as mulleres e os homes debemos facelo xuntos. Teremos que loitar por chegarmos a unha realidade na que a igualdade non sexa un obxectivo, senón unha […]

A 'Roseira dos Recordos' en Vigo

Coincidindo co medio século do pasamento do poeta Ramón Cabanillas, Editorial Galaxia, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consello Regulador da D. O. Rías Baixas e o Concello de Vigo inauguraron onte na Casa Galega da Cultura esta exposición que percorre a figura e a […]

Rodríguez Baixeras, premio Caixanova de poesía

O escritor Xabier Rodríguez Baixeras gañou onte a oitava edición do Premio de Poesía Caixanova pola súa obra «Deserto diamantino», presentada ao certame baixo o lema «Areoura». O certame, organizado pola entidade financeira e o Centro P.E.N. de Galicia que preside o poeta Luis G. Tosar, está dotado con 12.000 euros. Ademais, o poemario publicarase […]

AS NOVELAS DA MEMORIA en Gondomar

Hoxe, ás 20.30 h, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Gondomar, John Thompson presenta o seu ensaio 'As novelas da memoria'. Estará acompañado por Xosé Lois Vilar, subdirector do Instituto de Estudos Miñoranos, e Carlos Lema, director de edicións de Galaxia. Nesta obra, o autor fainos ver como a través das novelas pódese experimentar […]

Castelao homenaxeado na Arxentina

Moito máis aló do tópico de que a quinta provincia galega está en Bos Aires, é ben certo a memoria de Castelao e do galeguismo, que se mantivo ben viva durante os peores anos do franquismo na capital arxentina, segue hoxe coma lume aceso, tanto tempo despois. Daquela, e coincidindo coa conmemoración dos 60 anos […]

Virán libros por Reis

Terán que vir libros por Reis, para que sexan de verdade Magos. Terán que vir libros por Reis, para que unha viaxe tan longa teña sentido. Terán que vir libros por Reis, para que os agasallos sexan regalos. Terán que vir libros por Reis, porque as galdrumadas tamén poden ser de papel. Terán que vir […]

Ramón Cabanillas e Piñeiro protagonizan a xornada cultural galega

Hoxe, Ramón Cabanillas e Piñeiro protagonizarán a vida cultural galega coa apertura dunha exposición arredor do primeiro en Vigo e a presentación do libro de Miguel Barros sobre o segundo en Nigrán. Así, por unha banda, ás 13 horas, na Casa Galega da Cultura de Vigo procederase á inauguración da exposición titulada 'A roseira dos […]

Un libro para o debate

Onte, na librería Librouro de Vigo, acompañado de moitos amigos e público interesado, presentouse o libro de Henrique Monteagudo, 'As razóns do galego. Apelo á cidadanía'. Abriu o acto o Director Xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, quen gabou a oportunidade deste libro 'no contexto de ataques á lingua que estamos a sufrir'. Ao seu […]