Rodríguez Baixeras, premio Caixanova de poesía

Categoría: Nova

O escritor Xabier Rodríguez Baixeras gañou onte a oitava edición do Premio de Poesía Caixanova pola súa obra «Deserto diamantino», presentada ao certame baixo o lema «Areoura». O certame, organizado pola entidade financeira e o Centro P.E.N. de Galicia que preside o poeta Luis G. Tosar, está dotado con 12.000 euros. Ademais, o poemario publicarase na colección «Arte de Trobar».
Guillermo Brea, director da Obra Social Caixanova, e Luís González Tosar, presidente do Pen Clube de Galicia, deron a coñecer o fallo onte nun acto no que tamén estiveron presentes os outros membros do xurado cualificador: Anxo Tarrío, catedrático de Literatura Galega da USC; Luisa Castro, escritora; Ana Acuña, crítica literaria, e Carlos L. Bernárdez, crítico literario.
Xabier Rodríguez Baixeras é un dos poetas máis sobranceiros de Galicia e ten publicadas na nosa editorial obras como 'O pan da tarde' ou 'Diario de comidas'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email