Castelao homenaxeado na Arxentina

Categoría: Nova

Moito máis aló do tópico de que a quinta provincia galega está en Bos Aires, é ben certo a memoria de Castelao e do galeguismo, que se mantivo ben viva durante os peores anos do franquismo na capital arxentina, segue hoxe coma lume aceso, tanto tempo despois.
Daquela, e coincidindo coa conmemoración dos 60 anos do pasamento de Castelao, a Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina organizou un acto na praza que leva o seu nome. Moi simbolicamente, a Federación organizou, ao mesmo tempo, unha homenaxe centrada nalgunhas das nais de Maio, mulleres que, coma Castelao, encarnan a loita incansables a prol dos Dereitos Humanos, batalla centrada, no seu caso, na esixencia da aparición dos seus fillos e netos desaparecidos durante a ditadura militar arxentina. O rianxeiro e as nais arxentinas, ficaron así unidos nun acto no que o titular da Federación, Francisco Lores Mascato loubou o traballo a prol da liberdade, a verdade e a xustiza, do noso autor e destas esenciais donas da loita dende hai máis de tres décadas.
Organizouse un espectáculo coa actuación da cantante arxentino-galega Lorena Lores, o pianista e compositor Nicolás Guerchsberg e a Banda de Gaitas e Grupo de Danza "Duas Beiras".
Castalao, faro aínda vivo en Bos Aires.

No noso blog, ofrecemos unha completa galería de imaxes da xornada de homenaxe ao autor de 'Sempre en Galiza'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email