La noce

Categoría: Nova

Hoxe cúmprense 30 anos do pasamento de Eduardo Blanco Amor, autor dunha ampla obra literaria e fotográfica mais que conseguiu un nome de seu na historia da nosa literatura grazas a 'A esmorga', para moitos, a obra máis importante da novelística galega de todos os tempos.
Xa que logo, hoxe é un día máis que propicio para informar da saída da versión francesa da obra, titulada 'La noce' e que aparece en Editions Terre de Brume dentro da colección Bibliothèque Galicienne que dirixe Ramón Chao.
Os inmorrentes personaxes de Blanco Amor, agora tamén poden ser lidos en francés, facendo así, a nosa literatura, aínda máis universal.

Comparte nas túas redes sociais ou por email