Inaugúrase o Salón do Libro de Pontevedra

Onte e o sábado, as familias de Vigo gozaba do espectáculo 'Ola, ola, la!', de Mamá Cabra, e que nace dun libro-disco-DVD no que, ademais das cancións, podemos ler un conto da escritora Gloria Sánchez, figura referencial da nosa literatura infantil e xuvenil e que é homenaxeada nesta edición do Salón do Libro Infantil e […]

Convocado o Ramón Piñeiro de Ensaio 2011

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes; e o delegado de Gas Natural Fenosa en Galicia, Luis Díaz, presentaron onte a undécima edición do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este certame, en memoria do ilustre galeguista, escritor e filósofo Ramón Piñeiro López, pretende contribuír á […]

Ana Romaní presenta ESTREMAS

Xunto á autora estarán no acto Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, María do Cebreiro, escritora, e o músico Rodrigo Romaní. Estremas é o primeiro poemario que Ana Romaní publica en Galaxia. A colección Dombate incorpora deste xeito ao seu catálogo a obra dunha das poetas que, desde a década de 1990, abordan a […]

Dous novos títulos na colección Costa Oeste

A novela Tardes con Margueritte, da escritora francesa Marie-Sabine Roger, fala deses encontros que che poden cambiar a vida. É unha novela para rir, para pensar, para sentir, para emocionarse. Esta é unha historia con dous personaxes inesquencibles. Por unha banda, German, na mediana idade e pasado de quilos e de tristura (interpretado maxistralmente no […]

Árbores x 3

Se onte dabamos conta das nosas novidades en Costa Oeste, falamos hoxe de tres títulos que estes días están a chegar ás librerías de todo o país dentro da colección Árbore, a destinada para o lectorado autónomo, ese que hai que coidar con textos sedutores para que o día de mañá sexan lectores e lectoras […]

Francisco Fernández del Riego, Premio Os Bos e Xenerosos

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega celebra anualmente a súa homenaxe Os Bos e Xenerosos, que supón un acto de estudo e recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura. No 2011 chegamos á súa oitava edición, que se dedicou, por […]

Quinta edición para 'A praia dos afogados'

Estes días está a chegar ás librerías de todo o país a quinta edición de 'A praia dos afogados', a segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, creado polo escritor Domingo Villar. A novela está a colleitar, pois, un éxito impresionante entre o público lector galego. E non só, pois xa son moitas as traducións […]

Presentouse 'O soldadiño de chumbo' na Coruña

A Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil acollía o sábado a presentación do libro "O soldadiño de chumbo", unha adaptación da curtametraxe de Virginia Curiá e Tomás Conde sobre o famoso conto de Andersen. Trátase da versión galega da coñecida historia, onde o xoguete coxo acaba por ocupar as vitrinas do museo de Allariz e queda […]