A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega celebra anualmente a súa homenaxe Os Bos e Xenerosos, que supón un acto de estudo e recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura.
No 2011 chegamos á súa oitava edición, que se dedicou, por decisión unánime dos escritores/as Socios/as, a Francisco Fernández del Riego, polo seu silencioso e incansábel traballo que mantivo aceso o facho da cultura galega en tempos moi difíciles. A decisión fóralle comunicada no seu día, e don Paco amosárase moi contento e disposto a dictar unhas palabras de agradecemento.
Será o sábado, 19 de febreiro, na Casa da Cultura Galega de Vigo, ás 12.00, segundo o seguinte programa:
* Presentación e benvida a cargo de Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol.
* Intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG.
* Lectura da acta de concesión de homenaxe por Mercedes Queixas Zas, secretaria xeral da AELG.
* Laudatio a cargo do escritor Víctor F. Freixanes.
* Visionado dun vídeo que recolle o esencial da vida e obra de Francisco Fernández del Riego.
* Entrega da placa conmemorativa á familia de Francisco Fernández del Riego.
* Visionado dun vídeo dos fondos documentais da AELG: Francisco Fernández del Riego respondendo á pregunta, "Por que son escritor?".
* Lectura de textos de Francisco Fernández del Riego a cargo de Malores Villanueva e Francisco Castro.
* Peche do acto por Cesáreo Sánchez.
O acto conta coa colaboración da Fundación Penzol, Editorial Galaxia e Concello de Vigo (Casa Galega da Cultura).