De volta. Con libros. E sen medo á crise

Dende hai algo máis dun ano, semella que a palabra "crise" é a única palabra que, fixa, ten que aparecer en calquera discurso que pretenda falar da actualidade. E tamén, dende que comezou este 2012, repítese que á volta do verán -ou sexa: xa- a situación vai ser terrorífica. O sector cultural, especialmente castigado por […]

Presentación de DA MÁQUINA en Vigo

Este venres, no centro socio-cultural Bou Eva de Vigo (Rúa Tercio de fóra, 11-baixo A), o escritor Alberto Lema presenta a súa última novela, Da Máquina. Xunto o autor van intervir Carlos Lema, Iago Castro e Francisco Sampedro. A novela, como é clásico na creación literaria, parte dunha pregunta que lle dá orixe: Que pasaría […]

Neira Vilas na voz de Uxía Blanco

Antes do verán, a nosa editorial comezou a gravación, nos estudos da Radio Galega, na voz de Uxía Blanco, da obra de Xosé Neira Vilas, NAI, incluída no seu mítico 'Charamuscas'. A idea é editar de novo esa historia pero acompañada dun CD no que a actriz Uxía Blanco entrega a súa interpretación cargada de […]

Fin de semana co 'Señor das Dunas'

O espectáculo 'O señor das dunas', unha produción de Merlín Comunicación, do Grupo Editorial Galaxia, en colaboración con Adarme Visual, que se encadra dentro do Programa de Dinamización Lingüística "FalaRedes", continúa a súa xira polos concellos galegos e nesta fin de semana chega a Verín, Toques e Guntín, onde fará as delicias dos grandes e […]

Otero Pedrayo protagonizará o regreso do ciclo "Galicia, Ceo das Letras"

'Galicia, Ceo das letras', o ciclo co que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende renderlle unha homenaxe a grandes autores clásicos da literatura, regresa á programación da Cidade da Cultura cunha homenaxe ao gran patriarca das letras galegas: Otero Pedrayo. Un relatorio a cargo de Ramón Villares e unha peza teatral darán […]

Discurso de María Teresa Andruetto ao recibir o Premio Hans Christian Andersen

O pasado 25 de agosto, no Museo das Ciencias de Londres, a escritora arxentina María Teresa Andruetto pronunciaba un apaixonado e fermoso discurso como agradecemento trala entrega do Premio Hans Christian Andersen. A autora, recoñecida co máis alto galardón do mundo no eido da LIX, ten publicado na nosa editorial 'Stefano', un libro que, dalgunha […]

'Verde oliva' presentarase en Miami

Xavier Alcalá é un dos nosos autores máis recoñecidos dentro e fóra do país. Os seus libros hai ben de tempo que coñecen outras latitudes. E, dende o galego, as súas verbas, como debe facer toda boa literatura, chegan a outras falas e outras sensibilidades para expresarse en linguas diferentes. Xusto antes do verán chegaba […]

Lecturas para a volta ás aulas

Hoxe, a pesar dos recortes e dos problemas, o profesorado galego inicia o curso escolar coa mesma ilusión de sempre, dispostos a multiplicar o traballo para chegar a onde quizais habería que chegar con máis recursos. No proceso educativo ocupan, sen dúbida, un papel crucial as lecturas literarias, aquelas recomendacións que os e as docentes […]