'Verde oliva' presentarase en Miami

Categoría: Nova

Xavier Alcalá é un dos nosos autores máis recoñecidos dentro e fóra do país. Os seus libros hai ben de tempo que coñecen outras latitudes. E, dende o galego, as súas verbas, como debe facer toda boa literatura, chegan a outras falas e outras sensibilidades para expresarse en linguas diferentes.
Xusto antes do verán chegaba ás librerías de todo o país a súa, de momento, derradeira novela, 'Verde Oliva'. Esta obra será presentada na Feira do Libro de Miami o vindeiro 15 de novembro, ás 19 horas.
Unha boa nova que suliña a proxección da nosa literatura e a súa capacidade para interesar alén das nosas fronteiras xeográficas. Porque a literatura, como acto comunicativo que é, non coñece alfándegas. E Xavier Alcalá leva décadas demostrándoo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email