Ler no verán. Pensar no verán

Cando principian as vacacións, adoitan aparecer en distintos e moi diversos foros, recomendacións literarias de cara a encetar o tempo de calor cun libro nas mans. E iso está moi ben. Mais, polo xeral, adóitase, dende as revistas literarias aos suplementos dos xornais, enfocar esta cuestión apostando por lecturas lixeiras e de corte evasivo. O […]

Sinaturas e música na Feira da Coruña

Seguen os actos organizados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro da Coruña. E a actividade non cesará durante a fin do semana. Así, este domingo, o escritor e director xeral da nosa editorial, Víctor F. Freixanes estará asinando exemplares da súa novela 'Cabalo de ouros' dende ás 19 horas. E unha hora máis tarde, […]

Presentouse O PEIZOQUE ROQUE na Coruña

A carpa que acolle as presentacións de libros na Feira da Coruña quedou pequena para acoller o público que se achegou a acompañar a Dores Tembrás e Xosé Tomás na presentación, canda o escritor e editor Francisco Castro, do libro 'O peizoque Roque'. A expectación foi tanta que, rematado o acto, autora e ilustrador tiveron […]

Presentación de O PEIZOQUE ROQUE

Este mércores, coa participación da autora, Dores Tembrás, e o ilustrador, Xosé Tomás, acompañados polo editor e escritor Francisco Castro, presentaremos, dentro do marco da Feira do Libro da Coruña, o libro 'O peizoque Roque', un fermoso álbum que vimos de publicar na nosa colección Os Duros. Segundo promete a autora no seu blogue, vai […]

O libro do mes

Dende hoxe, a web de Editorial Galaxia ofrece unha nova sección na súa web, titulada O LIBRO DO MES. Premendo nela, os e as internautas poderán descargar de balde algunhas páxinas das novidades que a nosa editorial irá publicando. Comeza esta sección co primeiro capítulo da novela de Xavier Alcalá, 'Verde oliva'. Dende a sección […]

Conversa con Berrogüetto

Un dos libros recentes que máis teñen chamado a atención, en especial dos amantes da música, é a biografía, despois dunha longa traxectoria chea de éxitos, cambios de formación e, sobre todo, de aposta pola calidade, do grupo Berrogüetto. O xornalista musical Fernando Neira asumiu ese traballo que deu como resultado o libro 'Berrogüetto. O […]

Rematou a gravación de Bicos de Música

Como levamos días comentando, as semana pasada foi especialmente intensa tanto para Mamá Cabra, como para os amigos de Pórtico Audivisuales e os traballadores da Editorial Galaxia, pois estivemos centrados, na Casa Grande do Bachao, en distintos lugares do Concello de Teo e de Santiago, na gravación do DVD do novo traballo do popular grupo […]

Por que fracasou a reforma do estatuto?

Un libro do deputado e profesor de Económicas Xoaquín Fernández Leiceaga que ten intención de ser, en primeiro lugar, unha crónica do interregno progresista nun longo ciclo de dominio conservador en Galicia. Interregno caracterizado pola colaboración entre as grandes forzas políticas progresistas (PSdeG-PSOE e BNG), que efectúan un esforzo, insuficiente pero real, de aproximación de […]