Presentación de O PEIZOQUE ROQUE

Categoría: Nova

Este mércores, coa participación da autora, Dores Tembrás, e o ilustrador, Xosé Tomás, acompañados polo editor e escritor Francisco Castro, presentaremos, dentro do marco da Feira do Libro da Coruña, o libro 'O peizoque Roque', un fermoso álbum que vimos de publicar na nosa colección Os Duros.

Segundo promete a autora no seu blogue, vai ser un día para as palabras… pero tamén para comer palabras…
A solución ao enigma, mañá mércores na Feira.

Comparte nas túas redes sociais ou por email