Ler no verán. Pensar no verán

Categoría: Nova

Cando principian as vacacións, adoitan aparecer en distintos e moi diversos foros, recomendacións literarias de cara a encetar o tempo de calor cun libro nas mans. E iso está moi ben.
Mais, polo xeral, adóitase, dende as revistas literarias aos suplementos dos xornais, enfocar esta cuestión apostando por lecturas lixeiras e de corte evasivo. O cal está moi ben pero non ten por que ser sempre así.
Porque o feito de que teñamos máis tempo para nós, que haxa máis vagar, pode ser tamén a excusa perfecta para enfrontarnos a esas lecturas que requiren máis concentración, máis dedicación e, en definitiva, unha lectura máis atenta.
Así, é moita a xente que confesa que é pola época estival cando len ensaios e se enfrontan a esas temáticas que na vida laboral diaria, co ruxeruxe propio da cotidianeidade, se volven imposibles.
Así que leamos (tamén) no verán. Profundos ou lixeiros.
Mais leamos.
E en galego.

Comparte nas túas redes sociais ou por email