Rematou a gravación de Bicos de Música

Categoría: Nova

Como levamos días comentando, as semana pasada foi especialmente intensa tanto para Mamá Cabra, como para os amigos de Pórtico Audivisuales e os traballadores da Editorial Galaxia, pois estivemos centrados, na Casa Grande do Bachao, en distintos lugares do Concello de Teo e de Santiago, na gravación do DVD do novo traballo do popular grupo de música infantil, que levará por título 'Bicos de música' e que verá a luz á volta do verán.
Foron estes días de intenso traballo (e de intenso calor), para narrar en imaxes unha historia divertida na que se insiren dez video-clips, tantos como as cancións deste novo traballo que volverá ilustrar, coma sempre, Kristina Sabaite.
Deixamos hoxe aquí unha foto de Os Xeitosos de Trazo, un grupo de bailadores e bailadoras que participaron na gravación dun dos temas e que demostrarán que o baile galego (iso si: con aires pop) ten un máis que venturoso futuro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email