Un dos libros recentes que máis teñen chamado a atención, en especial dos amantes da música, é a biografía, despois dunha longa traxectoria chea de éxitos, cambios de formación e, sobre todo, de aposta pola calidade, do grupo Berrogüetto.
O xornalista musical Fernando Neira asumiu ese traballo que deu como resultado o libro 'Berrogüetto. O pulso da terra', que publicamos co CD e o DVD que recolle a súa actuación conmemorativa dos seus quince anos sobre os escenarios, en directo no Auditorio de Galicia.
Mañá xoves, ás 20 horas, o editor do libro, o escritor Francisco Castro, manterá un coloquio con algúns dos compoñentes da formación que servirá para repasar a súa historia e, sobre todo, para imaxinar o futuro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR