Neira Vilas na voz de Uxía Blanco

Categoría: Nova

Antes do verán, a nosa editorial comezou a gravación, nos estudos da Radio Galega, na voz de Uxía Blanco, da obra de Xosé Neira Vilas, NAI, incluída no seu mítico 'Charamuscas'. A idea é editar de novo esa historia pero acompañada dun CD no que a actriz Uxía Blanco entrega a súa interpretación cargada de forza e lirismo a un texto que é, ademais dunha homenaxe á nai do autor de Gres, unha reivindicación dun tempo no que as nais eran a sabedoría tradicional e un camiño certo e sen incertezas para encetar a vida.
Durante as vindeiras semanas remataremos a postprodución deste novo produto literario que verá durante o 2013 a luz para chegar a todas as librerías do país.

Comparte nas túas redes sociais ou por email