O espectáculo 'O señor das dunas', unha produción de Merlín Comunicación, do Grupo Editorial Galaxia, en colaboración con Adarme Visual, que se encadra dentro do Programa de Dinamización Lingüística "FalaRedes", continúa a súa xira polos concellos galegos e nesta fin de semana chega a Verín, Toques e Guntín, onde fará as delicias dos grandes e pequenos.
'O señor das dunas' conta a historia dun vello náufrago que, segundo conta a lenda, aprendeu a debuxar sobre as dunas de Corrubedo as súas historias.
Ao remate, cada asistente recibir como agasallo un libro de recordo do espectáculo, que contén os Cinco Contos Galegos e mais os debuxos con area.