Anuncio e fundamentación da idea de Deus

"Este libro naceu como unha reflexión persoal sobre Deus e a sobre a fe que o inspira. En certa maneira tamén é a resposta á nota que no seu dia redactou a Conferencia Episcopal sobre os meus textos e a miña posición verbo da doutrina e a miña idea relixiosa, aínda que xa estaba empezado […]

Gran éxito de público na presentación de DÚAS LETRAS

No Teatro Principal non cabía ninguén máis. Un diálogo feliz entre o cine e a literatura, a imaxe e a palabra. Eloy Varela e Fina Casalderrey presentaron en casa propia e pola porta grande Dúas letras, a curtametraxe e o libro que Galaxia publica na sua colección de audiolibros e que, logo de poucos meses […]

'Vida e obra de Francisco Añón', presentación en Santiago

Ramón Blanco presenta o seu libro 'Vida e obra de Francisco Añón'. Estará acompañado polo escritor e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. A publicación do libro enmárcase dentro dos actos de celebración do bicentenario do nacemento de Añón. O libro sae publicado dentro da colección Letras Galegas e constitúe unha completa antoloxía poética […]

EN NOVEMBRO, A NOVA NOVELA DE BARICCO

Despois de publicar Emaús na súa tradución para o galego, Editorial Galaxia continúa coa publicación das obras do escritor italiano e anuncia a saída en novembro de Mr Gwyn. Baricco dá un paso máis na gran historia que comezou a contar desde a súa primeira novela. Nesta nova obra , os lectores e lectoras galegos […]

A memoria dos avós

Os alumnos e alumnas do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires, o centro docente da Fundación Galicia-América, visitaron a Editorial Galaxia e a Fundación Penzol. Trátase da promoción que este ano conclúe os seus estudos antes de ingresar na universidade, rapaces e rapazas de 18, fillos e netos de galegos, que na Arxentina estudan o […]

Chega o Samaín

Nesta ponte de finais de outubro e comezos de novembro, celébranse nas cidades e vilas de todo o o país, a festa do Samaín, que non do Halloween. O matiz é importante porque non son estritamente falando o mesmo, a pesar de que nos últimos tempos a denominación estadounidense vai gañando terreo e este ano […]

Conversa entre Larpeiros en Moaña

O cociñeiro Benigno Campos está xa a percorrer o país para dar a coñecer o seu novo libro de receitas, Volve a cociña de Larpeiros. Hoxe mércores día 31 estará no Bar con Uve, en Abelendo (Moaña) para manter unha 'Conversa entre Larpeiros' con Xulio Amigo, director comercial de Galaxia. Con este terceiro libro, as […]

Presentación de A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE

A escritora María Solar presenta o seu novo libro, "A verdadeira historia da mosca da tele", acompañada polo actor e director teatral Quico Cadaval e o editor e escritor, Francisco Castro. O libro, que publicamos na colección Árbore 10 anos céntrase nunha mosca que é, ao seu xeito, unha estrela da televisión e que vai […]