Ramón Blanco presenta o seu libro 'Vida e obra de Francisco Añón'. Estará acompañado polo escritor e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
A publicación do libro enmárcase dentro dos actos de celebración do bicentenario do nacemento de Añón. O libro sae publicado dentro da colección Letras Galegas e constitúe unha completa antoloxía poética co máis sobranceiro da súa produción.
O autor, tamén poeta, na súa escolma, é quen de suliñar a alta calidade lírica de Añón así como a súa fonda cultura.
En definitiva, unha publicación para nos achegar, dun xeito directo e selecto, á obra en verso de Francisco Añón neste 2012 no que goza de tanta presenza e protagonismo.
O domingo terá lugar a presentación deste libro en Outes. Será na Casa da Cultura da Serra, ás 12:00 h.