Aniversario de Francisco Añón

Ramón Blanco é o autor do relato biográfico e tamén se encargou de seleccionar e editar os textos desta nova edición da obra do poeta de Outes. Francisco Añón é un dos autores fundamentais na historia da poesía galega do século XIX. A obra seleccionada nesta antoloxía inclúe as diferentes facetas ou rexistros líricos do […]

Presentación de 'Alguén así é o Deus en quen eu creo' de Torres Queiruga

O teólogo Andrés Torres Queiruga presenta este seu novo libro. Estará acompañado polo escritor e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, Xavier Martínez Cobas e Xan López Facal. O libro é un mollo de artigos que, nunha primeira parte se refiren a unha exposición directa e familiar do central na fe. Nunha segunda, fan […]

Éxito rotundo de Benigno Campos na presentación do novo libro

Onte, as instalacións da Casa do Libro de Vigo quedaron pequenas para acoller a tantísimo público como se concentrou para asistir á presentación da terceira entrega das receitas de Benigno Campos e que desta volta titulou 'Volve a cociña de Larpeiros'. Na presentación, o autor volveu insistir no seu discurso máis forte e máis interesante, […]

María Solar e Antón Riveiro Coello, finalistas do premio Frei Martín Sarmiento

Acabamos de coñecer os títulos finalistas do prestixioso premio Frei Martín Sarmiento, un dos galardóns máis cobizados polos autores e autoras do noso sistema literario, pois é un premio que, no básico, conceden os escolares galegos, sinalando aqueles títulos que máis lles gustaron dos publicados recentemente. Nesta nova edición, dous títulos da nosa editorial, 'Vou […]

María Fumaça arrasou en Vigo

O pasado sábado presentouse en Vigo, nun concerto coa familia María Fumaça case que ao completo, o libro-disco-DVD de mesmo nome, nunha Casa do Libro que quedou pequena diante da afluencia de público, familias enteiras, que quixeron vir coñecer este proxecto editorial e musical que gravita arredor dun cativo moi especial, Ruí, para quen un […]

DÚAS LETRAS no Teatro Principal de Pontevedra

Mañá xoves, ás 20:00 h, terá lugar este acto Teatro Principal que contará coa participación do director e da guionista que presentarán o libro e darán paso á proxección da película. A entrada é de balde ata completar o aforo da sala. Este volume, en tapa dura, inclúe o DVD (cos seus extras en forma […]

Anuncio e fundamentación da idea de Deus

"Este libro naceu como unha reflexión persoal sobre Deus e a sobre a fe que o inspira. En certa maneira tamén é a resposta á nota que no seu dia redactou a Conferencia Episcopal sobre os meus textos e a miña posición verbo da doutrina e a miña idea relixiosa, aínda que xa estaba empezado […]

Gran éxito de público na presentación de DÚAS LETRAS

No Teatro Principal non cabía ninguén máis. Un diálogo feliz entre o cine e a literatura, a imaxe e a palabra. Eloy Varela e Fina Casalderrey presentaron en casa propia e pola porta grande Dúas letras, a curtametraxe e o libro que Galaxia publica na sua colección de audiolibros e que, logo de poucos meses […]