Os alumnos e alumnas do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires, o centro docente da Fundación Galicia-América, visitaron a Editorial Galaxia e a Fundación Penzol. Trátase da promoción que este ano conclúe os seus estudos antes de ingresar na universidade, rapaces e rapazas de 18, fillos e netos de galegos, que na Arxentina estudan o currrículo académico de Galicia.
Acompañados dos seus profesores, Carlos Brandeiro e Alexandra, coñeceron as instalación da nosa casa, a Fundacion Otero Pedrayo e a Fundación Penzol. "Aquí está a unha parte da memoria da nosa cultura, coa que nos sentimos identificados", comentaron nas dependencias da editorial. ¡Feliz regreso a casa, amigos!