Presentación de O FUTURO É POSIBLE en Vigo

Galaxia presentará o libro, co autor, Hixinio Beiras Cal e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, hoxe xoves, ás 20 h, na Casa do Libro de Vigo. Emilio Perez Touriño (A Coruña, 1948) reúne en arredor de 450 páxinas semblanzas e documentos da súa experiencia política, tanto como secretario xeral do PSdeG-PSOE dende […]
Fina Casalderrey, académica da RAG

Na tarde do venres soubemos da decisión da Real Academia Galega de nomear á escritora Fina Casalderrey, membro de número da institución. A súa inclusión implica a entrada, tamén, da Literatura Infantil e Xuvenil que se produce da man dunha das nosas autoras máis sobranceiras, responsable de títulos esenciais da nosa LIX e que este […]
Patricia Blanco gaña o certame en twitter arredor de O Principiño

Hai dúas semanas a Editorial Galaxia convocaba a través de twitter e do hastag #gustameoprincipiñopor un concurso no que se convidaba aos internatuas a enviar tuits que completasen os 140 caracteres e explicasen por que lles gustaba o clásico de Antoine de Saint-Exupèry. Foron algo máis de douscentas propostas que fixeron ben difícil a escolla. […]
Un inicio de ano cheo de novidades

Este vai ser un comezo de ano cheo de novidades interesantes na nosa editorial. Un 2013 que vai ter en Rosalía de Castro, e os 150 anos do seu 'Cantares Gallegos', unha protagonista destacada. Verémolo ben cedo, cando publiquemos a biografía da autora de Padrón preparada por María Xesús Lama. Canda Rosalía, o outro gran […]
Presentación do GRIAL 196 CARLOS CASARES NUN PAÍS DE PALABRAS

No acto participarán Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e codirector de GRIAL, o tamén codirector Henrique Monteagudo, Dolores Vilavedra, profesora e crítica literaria e Hakan Casares. Foi director de GRIAL entre 1989 e 2002. Foi director xeral de Galaxia. Compañeiro e amigo. Mais tamén unha […]
Os máis vendidos de 2012

O ano 2013 xa navega con toda a forza dun temporal que, coma o de hoxe, pasa a súa vasoira de vento por toda Galicia. Por iso é tempo de pechar o anterior de todo anunciando as principais novidades que sairán do noso prelo, como fixemos onte, e recapitular cales foron os máis lidos do […]
Encontro con Xosé Neira Vilas en Pontevedra

Despois da conversa do mes pasado con Emilio Pérez Touriño, dende Onda Cero Pontevedra continúan con esta singular actividade que, desta volta, trae como protagonista ao autor do libro máis traducido da literatura galega, as 'Memorias dun neno labrego' de Xosé Neira Vilas. Como na anterior ocasión, a xornalista Susana Pedreira faralle unha entrevista na […]
O PRINCIPIÑO chega ás 20 edicións en galego

Estes días chega ás librerías de todo o país unha nova edición en galego do clásico da literatura mundial, 'O Principiño', obra de Antoine de Saint-Exùpery e que foi publicada por vez primeira en Galaxia, en tradución de Carlos Casares, no ano 1972. Poucos libros no mundo chegan a coñecer vinte edicións. Pódese afirmar, xa […]