Hoxe comeza o Congreso Internacional "Rosalía no século XXI. Unha nova ollada"

O Consello da Cultura Galega presentou onte o detalle do programa do congreso -presencial e virtual- internacional que dedicará do 28 de febreiro ao 27 de xullo á figura e á obra de Rosalía de Castro (1837-1885) baixo o título "Rosalía no século XXI. Unha nova ollada". Serán cinco sesións coa participación dos máis destacados […]
A Univesidade de Vigo e a Fundación Penzol homenaxean a Francisco Fernández del Riego

Hai un mes celebrabamos o nomeamento como Doutor Honoris Causa do escritor Agustín Fernández Paz na Universidade de Vigo. Mais antes ca el houbo outros. E o primeiro de todos foi Francisco Fernández del Riego, un dos fundadores da Editorial Galaxia e de quen este ano celebramos o seu centenario con actos e homenaxes por […]
125 aniversario de Otero Pedrayo

Na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba, reuniranse un total de 125 rapazas e rapaces. Estudantes do CEIP Mestre Vide de Ourense, do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro e do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa. As pequenas e pequenos, con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos, […]
Sempre en Galiza

Saiu do prelo o venres pasado e irá anegando aos poucos, coa luz de sempre, o inmorrente ensaio de Castelao, sen dúbida o máis importante da historia da cultura galega, 'Sempre en Galiza', as librerías todas de Galicia. Un libro que é máis ca un libro. É un símbolo da cultura e dun país. Unha […]
Presentación en Ourense da revista GRIAL

Foi director de GRIAL entre 1989 e 2002. Foi director xeral de Galaxia. Compañeiro e amigo. Mais tamén unha das figuras fundamentais das letras galegas contemporáneas. Cando se cumpren dez anos do seu pasamento (Vigo, 9 de marzo de 2002) a revista que dirixiu e renovou durante ese período dedica as súas páxinas á súa […]
Xeórxicas do pan

Hai moitísimos documentos de Ramón Otero Pedrayo depositados na Fundación Penzol, entre outros, tres versións diferentes do poema, 'Xeórxicas do pan'. Eses textos, tanto pola súa extensión como pola súa altura literaria confirman a Otero como un dos grandes poetas do seu tempo. Estes días tiramos do prelo, na Biblioteca Otero Pedrayo, este libro, en […]
Premios para 'Mr Gwyn' e 'María Fumaça'

Como todos os anos, a web dedicada á literatura galega, Fervenzas Literarias, abriu a votación para que os lectores e lectoras escollesen os mellores libros, segundo o seu criterio, do ano pasado. E máis unha vez, publicacións da nosa editorial volven resultar destacadas como as mellores ou en postos moi elevados. Este ano, a colleita […]
Presentación de O FUTURO É POSIBLE en Vigo

Galaxia presentará o libro, co autor, Hixinio Beiras Cal e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, hoxe xoves, ás 20 h, na Casa do Libro de Vigo. Emilio Perez Touriño (A Coruña, 1948) reúne en arredor de 450 páxinas semblanzas e documentos da súa experiencia política, tanto como secretario xeral do PSdeG-PSOE dende […]