Escoller onde buscar

125 aniversario de Otero Pedrayo

Categoría: Nova

Na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba, reuniranse un total de 125 rapazas e rapaces. Estudantes do CEIP Mestre Vide de Ourense, do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro e do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa.
As pequenas e pequenos, con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos, e os seus profesores, participarán nas actividades lúdico-educativas especialmente deseñadas para a ocasión: xogos de creación, de investigación e unha caza do tesouro.
Ademais, os tres centros convidados presentarán no Salón de Actos da Fundación, os materiais que foron realizando ao longo do curso nas aulas para honrar a figura do Patriarca das Letras Galegas.
Ás once horas da mañá, todos os convidados terán a oportunidade de soprar as velas da torta de aniversario coa que se formaliza a celebración. Probablemente este será o momento máis adecuado para que quen queira se achegue ata Trasalba para participar da celebración.

Comparte nas túas redes sociais ou por email