Hoxe principia o Entroido en todo o país. Un tempo para agocharse detrás dunha carauta e pasalo ben.
En Galicia, o Entroido ten características ben singulares, e unha delas é a perspectiva gastronómica. Porque este é tempo de agocharse tamén detrás dun bo lacón con grelos, unhas filloas e, como non, dunhas orellas de Entroido.
O noso popular cociñeiro Benigno Campos tense ocupado das sobremesas de Entroido nos seus tres libros publicados ata o de agora. Por iso, e para ir abrindo boca ata que o mércores enterremos a sardiña, deixámosche á dereita destas liñas a súa receita de orellas de Entroido.
Co noso desexo de que vos preste.