Xeórxicas do pan

Categoría: Nova

Hai moitísimos documentos de Ramón Otero Pedrayo depositados na Fundación Penzol, entre outros, tres versións diferentes do poema, 'Xeórxicas do pan'. Eses textos, tanto pola súa extensión como pola súa altura literaria confirman a Otero como un dos grandes poetas do seu tempo.
Estes días tiramos do prelo, na Biblioteca Otero Pedrayo, este libro, en edición de Silvia Penas, estas 'Xeórxicas do pan' nunha edición promovida pola Fundación Penzol e patrocinada polo Consello Social da Universidade de Vigo.
Presentarémolo o vindeiro venres día 15 de febreiro, ás 19 horas na Casa Galega da Cultura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email