Galaxia Tales chegou a Cuba

O escritor cubano Joel Franz Rosell, autor de 'Así comezaron as aventuras de Rosa dos Ventos e Xan Pericán', un dos contos interactivos que forman parte do proxecto Galaxia Tales, presentouno en La Habana hai uns días no marco da Feira do "IX Encontro de Literatura Infantil e xuvenil" da Feira do Libro da Habana. […]

'Da máquina' de Alberto Lema, finalista do Premio Arzobispo San Clemente

A novela de Alberto Lema, 'Da máquina', foi declarada finalista do Premio Arzobispo San Clemente na categoría de lingua galega. Terá que competir polo favor do alumnado galego con outras dúas excelentes novelas como son 'Os fillos do mar' de Pedro Feijoo e 'Tonas de laranxa' de María e Manuel Lourenzo. De seguido, a relación […]

A quen lle prestan unhas orellas de Entroido?

Hoxe principia o Entroido en todo o país. Un tempo para agocharse detrás dunha carauta e pasalo ben. En Galicia, o Entroido ten características ben singulares, e unha delas é a perspectiva gastronómica. Porque este é tempo de agocharse tamén detrás dun bo lacón con grelos, unhas filloas e, como non, dunhas orellas de Entroido. […]

Pérez Touriño en Vigo

Esta vez foi na Casa do Libro, en Vigo, coa sala chea a rebordar. Un discurso europeista para explicar a crise (que o autor definiu como crise económica e institucional: sistémica) e, ao mesmo tempo, un repaso á experiencia política do goberno de coalición (PSdeG.PSOE-BNG) que Emilio Pérerz Touruñio presidiu na Xunta de Galicia entre […]

Á lus da Esmorga

Estes días van chegando ás librerías as novas edicións de dous clásicos indispensables da nosa literatura que, a pesar dos anos e das décadas transcorridas, seguen a lerse coa mesma paixón de sempre. Referímonos, por unha banda, a 'Á lus do candil', no que Anxel Fole deita sobre nós un mollo de contos que nos […]

Segunda edición para os 'Bicos de música' de Mamá Cabra

'Bicos de música', como xa aconteceu cos outros traballos do grupo de música infantil Mamá Cabra, volve a pasar polo prelo para que poidamos fabricar máis exemplares para seguir satisfacendo aos milleiros de seareiros e seareiras que se achegan a este novo traballo cheo de cancións divertidas e propostas de baile e festa. En 'Bicos […]

Presentación de O FUTURO É POSIBLE na Coruña

O expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presentará as súas memorias políticas, tituladas O FUTURO É POSIBLE. O autor estará acompañado polo exdeputado e analista político Anxo Guerreiro e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Emilio Perez Touriño (A Coruña, 1948) reúne en arredor de 450 páxinas semblanzas e documentos da súa experiencia […]

Domingo Villar, a piques de rematar a súa nova novela

Onte, o autor vigués Domingo VIllar participou en Portugal no festival literario Correntes d'Escrita e nunha mesa redonda do Instituto Cervantes na capital lusa, onde falou da súa próxima novela, 'As cruces de pedra', que verá a luz na nosa editorial nos meses vindeiros. Recoñeceu que está "nos últimos pasos" da escrita de "Cruces de […]