Escoller onde buscar

Á lus da Esmorga

Categoría: Nova

Estes días van chegando ás librerías as novas edicións de dous clásicos indispensables da nosa literatura que, a pesar dos anos e das décadas transcorridas, seguen a lerse coa mesma paixón de sempre. Referímonos, por unha banda, a 'Á lus do candil', no que Anxel Fole deita sobre nós un mollo de contos que nos conecta co xeito de contar, dende o profundo, das xentes do interior galego que el coñeceu e que elevou á categoría de literatura. Por outra, a que é considerada probablemente a mellor novela galega de todos os tempos, a inmorrente 'A esmorga', de Eduardo Blanco Amor, lida e relida por xeracións de galegos e galegas que seguimos estremecéndonos diante da dureza dunha trama contada a media voz mais berrada con todas as forzas posibles dun narrador fundamental de nós.

Comparte nas túas redes sociais ou por email