O escritor cubano Joel Franz Rosell, autor de 'Así comezaron as aventuras de Rosa dos Ventos e Xan Pericán', un dos contos interactivos que forman parte do proxecto Galaxia Tales, presentouno en La Habana hai uns días no marco da Feira do "IX Encontro de Literatura Infantil e xuvenil" da Feira do Libro da Habana.
Os participantes na presentación quedaron gratamente impresionados polo proxecto pois, como quedou patente durante o coloquio posterior, nunca puideran apreciar un produto dese tipo. Comentouse tamén a agradable sorpresa que supuña o feito de que un editor tradicional como é Galaxia non tivese medo algún en publicar primeiro o conto en formato digital e só despois como libro impreso, pois esta é a intención de Galaxia con este conto de Joel Franz Rosell.
O autor cubano viaxará en breve ao "II Congreso Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil (CILELIJ)", onde intervirá na mesa sobre « compromisos da LIJ » e onde aproveitará para presentar Galaxia Tales.
Galaxia Tales é un proxecto pionerio en Galicia, que ofrece unha plataforma web de contos interactivos en galego, castelán e inglés