Estes días chega ás librerías de todo o país unha nova edición en galego do clásico da literatura mundial, 'O Principiño', obra de Antoine de Saint-Exùpery e que foi publicada por vez primeira en Galaxia, en tradución de Carlos Casares, no ano 1972.
Poucos libros no mundo chegan a coñecer vinte edicións. Pódese afirmar, xa que logo, que teñen sido milleiros os galegos e galegas que teñen gozado desta obra inmorrente obra que segue a lerse ano tras ano coa mesma devoción de sempre.
Dende a súa fundación. a Editorial Galaxia tivo entre os seus principais obxectivos a incorporación da gran literatura foránea á nosa lingua. E 'O Principiño' é, neste sentido, un dos emblemas máis importantes destes 63 anos de edición para a nosa editorial que, nesta ocasión, celebra a viséxima edición dun libro destinado a coñecer moitas máis.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR