Éxito arrollador de Pablo Díaz na Coruña

Levabamos días comentándoo. Que a expectación que estaba a crear o concerto de Pablo Díaz, presentando o seu novo libro-disco 'Toc Toc' que acabamos de publicar en Galaxia, na Coruña, o pasado sábado, era enorme. Confirmóusenos na véspera, cando soubemos que xa restaban moi pouquiñas entradas para conseguir o cheo nas dúas sesións previstas. E, […]

Presentación do libro+CD De Voces Ceibes a Milladoiro de Antón Seoane en Santiago

Este mércores presentaremos o libro-disco de Antón Seoane, 'De Voces Ceibes a Milladoiro' én Santiago de Compostela. A cita, abeirados a A.C. O Galo, será no Espazo Enocultural Vide, Vide, polo que, ao remate do acto, desgustaremos xuntos un viño galego. No acto participarán, ademais do autor, en representación da A.C. O Galo Marcos Maceira […]

Empeza a rodaxe de ‘A Esmorga’

O director Ignacio Vilar, os tres protagonistas da película, Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán ‘Morris’, presentaron na compaña de Francisco Castro, en representación da Editorial Galaxia, o pasado mércores na Praza Maior de Ourense a rodaxe de ‘A Esmorga’ baseada na obra de Eduardo Blanco Amor e que, segundo adiantou Vilar, xa […]

Presentación do libro "A lúa da colleita", de Anxos Sumai en Rianxo

A A.C. Barbantia vai presentar o libro "A lúa da colleita", de Anxos Sumai, mañá 31 de xaneiro, ás 20:30 h. no Auditorio de Rianxo. Intervirán, amais da autora, os escritores Uxía Casal, Iria Lago, Antón Riveiro Coello; e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo. O acto terá lugar o venres, 31 de xaneiro de 2014, […]

Presentación en rolda de prensa do filme 'A esmorga'

Mañá mércores procederemos á presentación en rolda de prensa do filme 'A esmorga', película de Vía Láctea Filmes que dirixe Ignacio Vilar e cuxa rodaxe ten lugar en Ourense. Este mércores 29 de xaneiro ás 11:30h, na Praza Maior da capital das Burgas, celebraremos un encontro coa prensa no que participarán os principais actores, Miguel […]

Segunda edición en medio ano para 'Rosalía Pequeniña'

O pretexto, o feliz pretexto, era conmemorar doutra maneira os 150 anos da publicación de 'Cantares Gallegos' de Rosalía de Castro. Pero era moito máis que iso a proposta que tiña na cabeza Uxía arredor da poeta de Padrón. Ela quixo imaxinar como sería ela de cativa. Unha Rosalía afouta, chea de enerxía, que sobe […]

Segunda edición para 'A verdadeira historia da mosca da tele'

O ano pasado publicabamos na colección Árbore o libro da xornalista e escritora María Solar, 'A verdadeira historia da mosca da tele'. Dende o seu inicio, foi un éxito tanto de crítica como de público, en especial entre a rapazada, destinatarios últimos desta historia da que están a gozar moitos centros de ensino do noso […]