Mañá mércores procederemos á presentación en rolda de prensa do filme 'A esmorga', película de Vía Láctea Filmes que dirixe Ignacio Vilar e cuxa rodaxe ten lugar en Ourense.
Este mércores 29 de xaneiro ás 11:30h, na Praza Maior da capital das Burgas, celebraremos un encontro coa prensa no que participarán os principais actores, Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán "Morris"; o director do filme, Ignacio Vilar; Francisco Castro, en representación da Editorial Galaxia, propietaria dos dereitos sobre a obra de Eduardo Blanco Amor, e o alcalde de Ourense, Agustín Fernández.
A película 'A esmorga' está baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, e será presentada a prensa e público a través dos seus principais artífices.