Segunda edición en medio ano para 'Rosalía Pequeniña'

Categoría: Nova

O pretexto, o feliz pretexto, era conmemorar doutra maneira os 150 anos da publicación de 'Cantares Gallegos' de Rosalía de Castro. Pero era moito máis que iso a proposta que tiña na cabeza Uxía arredor da poeta de Padrón. Ela quixo imaxinar como sería ela de cativa. Unha Rosalía afouta, chea de enerxía, que sobe ás árbores e goza da vida.
O resultado foi un libro-disco espectacular que ao medio ano de sair tivemos que volver imprimir. Así, son poucos os nenos e nenas de Galicia que non coñecen estas cancións que ilustrou Marina Seoane, ben sexa polo libro-disco ou polos moitos concertos que Uxía levou polo país adiante.
Agora, de novo nas librerías á procura de novos lectores e lectoras con ganas de cantar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email