Case que esgotadas as entradas para o concerto de Pablo Díaz no Fórum Metropolitano da Coruña

Categoría: Nova

Cunha enorme expectación será recibido Pablo Díaz e a súa banda presentando o seu novo libro-disco TOC TOC este sábado na Coruña. No intre no que actualizamos esta nova (venres ás 9 h) son xa moi poucas as localidades que quedan á venda. Daquela, quen queira facerse cunhas poucas para gozar coa familia dun serán de música e alegría, vai ter que andar rápido.
As entradas están establecidas a 5€, e hai previsto un abono para 3 persoas por 12€ (4€ persoa).
As entradas aínda poden adquirirse na Praza de Ourense de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h. E na taquilla do Forum, tamén mañá sábado desde unha hora antes e no tfno 902 504 500 ou na páxina www.servinova.com.
O libro-disco 'Toc Toc' de Pablo Díaz, ilustrado por Nuria Díaz e que Galaxia editou no derradeiro trimestre do ano pasado está a ser un dos grandes acontecementos literarios e musicais do ano e está a piques de esgotar a súa primeira edición.

Comparte nas túas redes sociais ou por email