Empeza a rodaxe de ‘A Esmorga’

Categoría: Nova

O director Ignacio Vilar, os tres protagonistas da película, Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán ‘Morris’, presentaron na compaña de Francisco Castro, en representación da Editorial Galaxia, o pasado mércores na Praza Maior de Ourense a rodaxe de ‘A Esmorga’ baseada na obra de Eduardo Blanco Amor e que, segundo adiantou Vilar, xa está en marcha dende hai varios días e que o vindeiro 11 de febreiro empezará a filmarse cos actores. Sinalou tamén que o 80% da ruta da Esmorga aparecerá na película e, naqueles espazos nos que non é posible, reproduciranse da maneira máis fidedigna.
A Praza Maior transformarase para voltar ao Ourense de hai 40 0u 50 anos, para rodar os exteriores, para o cal habilitaranse dúas das tendas máis coñecidas dos arredores da Casa do Concello. Aproveitarase que "a ruta da Esmorga consérvase casi na súa totalidade…prácticamente nun 80%" para que os planos reflictan a mesma e levarase a rodaxe, ademáis de As Burgas, á capela do Cristo, na Catedral, "algo que é a primeira ocasión no que se fai", logo de obter o permiso do Obispado.
Francisco Castro falou en representación da editorial Galaxia para subliñar "a ledicia de poder formar parte desta viaxe dirixida polo mellor dos comandantes".

Comparte nas túas redes sociais ou por email