Presentación do libro+CD De Voces Ceibes a Milladoiro de Antón Seoane en Santiago

Categoría: Nova

Este mércores presentaremos o libro-disco de Antón Seoane, 'De Voces Ceibes a Milladoiro' én Santiago de Compostela.
A cita, abeirados a A.C. O Galo, será no Espazo Enocultural Vide, Vide, polo que, ao remate do acto, desgustaremos xuntos un viño galego.
No acto participarán, ademais do autor, en representación da A.C. O Galo Marcos Maceira como presidente, o músico Roberto Sobrado, Pepe Ferreirós, Nando Casal e Moncho García Rei, compañeiros de Milladoiro,pero daquela, no tempo retratado no libro, membros de Faiscas do Xiabre e o editor do libro, Francisco Castro.

A obra plantea unha reflexión de Antón Seoane, músico e psiquiatra, sobre o trasfondo musical dun tempo vivido, marcado polo final da dictadura, pola chamada ás portas da democracia, a posta en escea dos nacionalismos, etc; un período no que a sonoridade do país virou dos cantautores á música folk. Un mosaico histórico-musical de encontros, amizades e descubrimentos que terá no outono do 78 á súa estación de chegada, Milladoiro.
Recolle a testemuña de moitos dos protagonistas que tiveron que ver co bigbang do que nacería o actual folk galego: Faiscas do Xiabre, Laura Quintillán, Xose A. Méndez, Miro Casabella, Quintas Canella, Bibiano, Carlos Villanueva, Xabier Garrote, Nonito Pereira, Quico de Cariño, Xosé González Martínez Pepiño de Redondela, Perfecto Conde Muruais, Quico Paz Antón, Xerardo Rodríguez, Vicente Araguas, Carlos Meixome, Xurxo Lobato, Antón Corral, etc.
Todos eles xunto con Rodrigo Romaní, Pilocha e Antón Seoane, contemplan, dende a distancia, a pegada de aqueles tempos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email