Acto de nomeamento de Fillo Adoptivo de Boqueixón a Xosé Neira Vilas

Este sábado, o escritor de Gres, Xosé Neira Vilas, recibirá un novo recoñecemento pola súa traxectoria vital e literaria. Será en Boqueixón onde se decidiu, por unanimidade de todos os grupos parlamentarios, nomealo Fillo Adoptivo. No acto intervirán Jesús Sanjuás Mera, Alcalde de Boqueixón, Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, Ovidio Rodeiro Tato, […]

Presentación de 'Ulises' de James Joyce

Este venres presentarase, nun acto aberto ao público, a tradución do 'Ulises' de James Joyce. A versión galega vén de recibir na pasada fin de semana o premio como Mellor Tradución do ano 2013 para a web Fervenzas Literarias. O acto, ao que asistirá tamén o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, consistirá nunha mesa […]

José María Durán Medraño gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

A obra 'Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx', da que é autor José María Durán Medraño, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2013, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración […]

Lembrando a Benxamín Casal

Centenares de persoas tributaron na noite do venres unha homenaxe a Benxamín Casal, no salón rexio do Círculo das Artes, institución que presidiu entre 1979 e 1988 e que, xunto co Clube Cultural Valle-Inclán e a Editorial Galaxia, entidades das que tamén foi presidente, organizaron o acto. Pechouno a filla maior do falecido, Piliña, que […]

'A lúa na colleita' e 'Ulises', recoñecidos nos premios da web Fervenzas Literarias

Esta fin de semana déronse a coñecer os resultados das enquisas nas que participaron os usuarios e usuarias da web Fervenzas Literarias, adicada á literatura galega e que anualmente recoñece, a xuízo dos internautas, os libros mellores do ano anterior en distintas categorías. Como todos os anos, varios libros de Galaxia foron escollidos polos lectores […]

Un espazo para a comunicación cos e coas Accionistas de Galaxia

Na portada da nosa web activouse esta semana unha sección que chamamos ACCIONISTAS e que pretende ser unha ventá aberta pola que circule dun xeito fluído a información entre a Editorial e o seu accionariado, tanto presente como futuro. Nese espazo, iremos publicando toda aquela información que teña relevancia para o coñecemento das persoas que […]