Antón Seoane presenta o seu libro disco "De Voces Ceibes a Milladoiro" no Val Miñor.

Categoría: Nova

O músico Antón Seoane presentará o seu libro- disco De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do movimento popular da canción galega (1973-1978), o vindeiro venres 24 de xaneiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar). A obra repasa polo miúdo a época que vai dende a aparición da nova canción popular galega ao nacemento de Milladoiro, o grupo folk máis coñecido do país, do que foi un dous fundadores. Socio e colaborador activo do Instituto de Estudos Miñoranos, Seoane estará acompañado polo seu director, Carlos Méixome Quinteiro, autor do limiar do libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email