Este sábado, o escritor de Gres, Xosé Neira Vilas, recibirá un novo recoñecemento pola súa traxectoria vital e literaria. Será en Boqueixón onde se decidiu, por unanimidade de todos os grupos parlamentarios, nomealo Fillo Adoptivo.
No acto intervirán Jesús Sanjuás Mera, Alcalde de Boqueixón, Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, Ovidio Rodeiro Tato, Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Dolores Vilavedra, Profesora USC e escritora, Xosé Manuel Lobato
Presidente da AACC Mestre Manuel Gacio – Profesor e escritor e o homenaxeado, Xosé Neira Vilas
Contarase coa actuación do Agrupación Infantil Loaira e o
Grupo Folk A Requinta de Xián.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR