Presentación de DE VOCES CEIBES A MILLADOIRO en Ourense

Acompañarán ao autor, Francisco Novoa, vicepresidente do Liceo, Carlos Varela, Fiscal Superior de Galicia e Pilar Sampil en representación da Editorial Galaxia. O Salón Noble do Liceo acolle o venres, día 28 de febreiro, a presentación do libro-disco: De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do movimento popular da canción galega (1973-1978). Será ás 20.15 […]

'O agasallo de Anya': o vídeo

O pasado mércores, en Lugo, a escritora Sabela Núñez Singala presentaba, nunha librería Biblos que quedou pequena para tantísima xente como acodiu á presentación, a súa primeira novela, 'O agasallo de Anya'. Co gallo do evento, estreóuse un clip preparado pola propia autora na que, dalgunha maneira, nos explica o nacemento deste libro que naceu […]

Os 50 anos da revista GRIAL en 'El siglo de Europa'

Na ligazón da dereita deixamos, en formato PDF, a reportaxe, en tres páxinas, que a revista 'El siglo de Europa' dedicou aos 50 anos da revista GRIAL, e na que se ofrece unha longa e completa entrevista cos dous co-directores da publicación, Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo. Na mesma, reflexionan arredor do país e […]

Armando Requeixo le a súa tese sobre Díaz Castro

O pasado 28 de febreiro, na sala de actos da facultade de Filoloxía, en Santiago de Compostela, Armando Requeixo defendeu cos máximos honores a súa tese de doutoramento sobre Xosé María Diaz Castro, o autor de "Nimbos", a quen este ano a RAG dedicou o Día das Letras Galegas. Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, […]

A película 'A Esmorga' chega ás escenas definitivas

A rodaxe do filme 'A esmorga' continúa e avanza segundo o plan previsto. Nesta semana, o martes 4 e o mércores 5 de marzo, rodaranse algunhas das secuencias máis importantes da película nun escenario construído e ambientado polo equipo de arte da película na localidade do Carballiño. O martes 5, sobre as 16:30-17h, contaremos coa […]

Presentación de 'O sexo masculino dos anxos' de Manuel Janeiro na Guarda

A libraría LIBRAIDA e a Editorial Galaxia organizan a presentación do libro "O SEXO MASCULINO DOS ANXOS" de Manuel Janeiro en Gondomar. O acto celebrarase o xoves, 6 de marzo, ás 20:30 na libraría Neste novo traballo de Janeiro, o desenvolvemento do relato comeza na década dos 70. Unha época na que se fragua a […]

'O capador de boinas' de Xerardo Neira

Unha das novidades editoriais pensadas para o público miúdo é a novela de Xerardo Neira, 'O capador de boinas' que acabamos de publicar na colección Árbore 10 anos, ilustrada por Dani Padrón. O autor instala a acción en Torrevedra, onde un día apareceu unha boina mutilada. Outro día, unha nova boina era vilmente seccionada no […]

Galicia Punto Tres

Servino Consulting, Editorial Galaxia e Grupo Chicolino presentan o luns,24 no Fórum Gastronómico da Coruña un proxecto enogastronómico editorial conxunto: "De Galicia a Beijing, Gourmand CookbookAwards". O obxectivo final: Beijing Cookbook Fair. Maio, do 19 ao 24 'A Guía dos Viños de Galicia', de Luís Paadín; 'Cociñar con Algas', de Eva Crespo e 'A Cociña […]