'O capador de boinas' de Xerardo Neira

Categoría: Nova

Unha das novidades editoriais pensadas para o público miúdo é a novela de Xerardo Neira, 'O capador de boinas' que acabamos de publicar na colección Árbore 10 anos, ilustrada por Dani Padrón.
O autor instala a acción en Torrevedra, onde un día apareceu unha boina mutilada. Outro día, unha nova boina era vilmente seccionada no seu rabicho… o misterio necesita que un detective se poña mans á obra… ou á boina. Será o cura quen argallará un curioso plan para descubrir quen pode ser o terrible delincuente que se entretén collendo as boinas dos veciños para estragalas desa vil maneira…

Comparte nas túas redes sociais ou por email