Presentouse o Roteiro Casares en Ourense

O sábado 8 de marzo presentouse no Liceo de Ourense o "Roteiro pola vida e obra de Carlos Casares", un itinerario de 19 puntos da cidade relacionados coa súa vida e a súa obra. No acto interviñeron Xavier Casares e Xosé Manuel Soutullo, en representación das tres entidades promotoras: o Liceo de Ourense, a Fundación […]

Inauguramos a canle de vídeos de música Sonárboretv

Dende hai uns días está activo en youtube a canle Sonárboretv á que podes acceder directamente dende o banner instalado na nosa web, ou, directamente, poñendo "Sonárbore" nos buscadores de Internet. A canle nace coa idea de proporcionarlle un espazo único aos moitos clips que estamos a facer relacionados cos libro-discos que publicamos na colección […]

Xornada de debate arredor do libro 'Para que nos serve Galiza?' en Ourense

O libro co que Xaime Subiela gañou o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2012 sigue a ser materia de debate en todos os puntos do país. Desta volta, será na cidade de Ourense, no Liceo. O autor estará acompañado por Xosé Ramón Quintana Garrido, Xosé Manuel Pérez Bouza e Iolanda Pérez Docampo. No ensaio reflexionase […]

Charla con Merchi Rodal en Betanzos

A reposteira do programa LARPEIROS, Merchi Rodal, manterá un encontro cos asistentes á librería Biblos de Betanzos o vindeiro 21 de febreiro ás 19 horas. A reposteira agasallará aos asistentes con algún dóce petisco saído dos seus fornos. Unha ocasión única para partillar un tempo con ela e falar de repostería, galdrumadas e outras larpeiradas […]

Presentación de 'A lúa da colleita' de Anxos Sumai en Santiago

Este mércores presentarase en Santiago a novela gañadora do Premio de Novela Manuel García Barros 2013 e que recaeu na obra de Anxos Sumai, 'A lúa da colleita'. Participarán no acto, xunta a autora, o escritor Xosé Monteagudo e o director literario de Galaxia, Carlos Lema. Preguntada a autora sobre como definiría o libro, di: […]

Eva Crespo cociñará no Fórum Gastronómico da Coruña o luns

O vindeiro luns, a cociñeira e autora do libro 'Cociñar con algas', Eva Crespo, realizará dous "showcooking", con maridaxe de viño galego incluído, preparando, en directo para todos os que se acheguen polo Fórum Metropolitano, algúns dos pratos con algas presentes no seu libro editado por Galaxia e seleccionado, xunto con 'A cociña dos Cunqueiro' […]

A Editorial Galaxia súmase a #operacionbloomsday

O Pub Dublín da Coruña (R/ Panaderas, 50. A Coruña) e Polisemias, en colaboración coa Editorial Galaxia, botan a andar a #operacionbloomsday, un concurso co que poderás gañar unha viaxe a Dublín. O único requisito é saber ler e escribir. E gustar moito de Joyce. Na ligazón á dereita destas liñas poderás atopar as bases […]

Presentación de 'O agasallo de Anya' en Lugo

A escritora Sabela Núñez Singala presentará o seu libro 'O agasallo de Anya' na libraría Biblos de Lugo acompañada do escritor e editor Francisco Castro. 'O agasallo de Anya' é o debut literario de Sabela Núñez Singala, quen está a colleitar un enorme éxito con esta novela que vimos de publicar na colección Árbore e […]