Charla con Merchi Rodal en Betanzos

Categoría: Nova

A reposteira do programa LARPEIROS, Merchi Rodal, manterá un encontro cos asistentes á librería Biblos de Betanzos o vindeiro 21 de febreiro ás 19 horas.
A reposteira agasallará aos asistentes con algún dóce petisco saído dos seus fornos.
Unha ocasión única para partillar un tempo con ela e falar de repostería, galdrumadas e outras larpeiradas nas que a cociñeira do Morrazo se ten revelado como unha autoridade admirada e moi seguida polos milleiros de persoas que non só atenden ao programa de televisión senón tamén ao seu receitario, un dos éxitos editoriais do ano pasado.

Comparte nas túas redes sociais ou por email