Manuel Janeiro: 'Contar é un forma más intensa de vivir'

1.- Que supón esta nova novela no conxunto da túa obra? A verdade é que nunca o pensara, pero claro, a pregunta dáme a ocasión de facelo. Venme a mente o recorrido do tren que une Vigo con Madrid ao seu paso pola provincia de Zamora. Ese tramo cheo de túneles. Esta novela é, como […]

Eduardo Blanco Amor: supervendas da literatura galega

Semella haber unha especie de unanimidade nunca explicitada pero si asumida respecto a que a gran novela galega é 'A Esmorga' de Eduardo Blanco Amor. Daí a expectación que está a causar a rodaxe da película de Ignacio Vilar sobre ese título. Sen embargo, Eduardo Blanco Amor é moito máis que a gran historia do […]

O grande clásico do noso teatro, sempre en Galiza

O grande clásico do teatro galego é esta 'farsa en tres lances', como presentou o propio Castelao a súa 'Os vellos non deben de namorarse' que agora ven de chegar á sexta edición dentro da Biblioteca Castelao da nosa editorial. Obviamente, as edicións postas nas librerías son moitísimas máis, pero dende hai moitos anos, na […]

'A cea' de Herman Koch chega á segunda edición

'A cea' de Herman Koch recibiu, hai uns anos, o prestixioso Premio de Novela Europea. A nosa editorial publicouna en 2012 e, dende o momento inicial da súa saída, gozou do favor do lectorado máis esixente e namorado da boa literatura. Estes días e co gallo da súa reimpresión, chega de novo ás librerías de […]

A Editorial Galaxia súmase a #operacionbloomsday

O Pub Dublín da Coruña (R/ Panaderas, 50. A Coruña) e Polisemias, en colaboración coa Editorial Galaxia, botan a andar a #operacionbloomsday, un concurso co que poderás gañar unha viaxe a Dublín. O único requisito é saber ler e escribir. E gustar moito de Joyce. Na ligazón á dereita destas liñas poderás atopar as bases […]

Presentación de 'O agasallo de Anya' en Lugo

A escritora Sabela Núñez Singala presentará o seu libro 'O agasallo de Anya' na libraría Biblos de Lugo acompañada do escritor e editor Francisco Castro. 'O agasallo de Anya' é o debut literario de Sabela Núñez Singala, quen está a colleitar un enorme éxito con esta novela que vimos de publicar na colección Árbore e […]

Xornada de debate arredor do libro 'Para que nos serve Galiza?' na Coruña

O venres 28 de febreiro, ás 20 horas, nas instalacións do Museo de Arte Contemporánea da Coruña celebrarase unha xornada de debate arredor do libro de Xaime Subiela 'Para que nos serve Galiza? (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012). Intervirán Fernanda Tabares, Xosé Manuel Pereiro, Carlos Aymerich e o autor. O autor mantén, e abofé […]

Presentación de DE VOCES CEIBES A MILLADOIRO en Ourense

Acompañarán ao autor, Francisco Novoa, vicepresidente do Liceo, Carlos Varela, Fiscal Superior de Galicia e Pilar Sampil en representación da Editorial Galaxia. O Salón Noble do Liceo acolle o venres, día 28 de febreiro, a presentación do libro-disco: De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do movimento popular da canción galega (1973-1978). Será ás 20.15 […]