'O agasallo de Anya': o vídeo

Categoría: Nova

O pasado mércores, en Lugo, a escritora Sabela Núñez Singala presentaba, nunha librería Biblos que quedou pequena para tantísima xente como acodiu á presentación, a súa primeira novela, 'O agasallo de Anya'.
Co gallo do evento, estreóuse un clip preparado pola propia autora na que, dalgunha maneira, nos explica o nacemento deste libro que naceu abeirado a unha experiencia solidaria, que no libro se reflicte moi ben, con nenos e nenas máis desfavorecidos de Ucraína.
Podes velo na ligazón á dereita destas liñas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email