Unha viaxe polas rarezas e misterios da literatura

Editorial Galaxia vén de publicar Literatura insólita, un volume no que Armando Requeixo reúne unha ampla selección de artigos dedicados a explorar o lado máis curioso, sorprendente e misterioso da creación literaria. Unha viaxe polas rarezas e misterios da literatura que percorre costumes e manías de escritores, profesións paralelas, precocidades e lonxevidades literarias, mortes novelescas, […]
Rolda de prensa de presentación arredor de “Odio”, en Santiago de Compostela

O luns 22 de setembro celebrarase, ás 11 h, no Salón de Actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa arredor de Odio, Premio Neira Vilas de LIX, de Gabriel Romero de Ávila. Acompañando o autor, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia; Fernando […]
Xa dispoñible en EPUB: “O lanzador de coitelos”, Premio Galaxia de Novela

Xa podes ler O lanzador de coitelos, a novela coa que Fernando Castro Paredes obtivo o Premio Galaxia de Novela, en formato ebook. Un sicario. Un poeta húngaro emigrado a París. Un secuestro con consecuencias inesperadas que se converterá nunha viaxe cara ao pasado e cara ao fondo da identidade. A novela combina os códigos […]
O alumnado do Instituto arxentino-galego Santiago Apóstolo visita Editorial Galaxia

Hoxe tivemos a honra de recibir nas instalacións de Editorial Galaxia, en Vigo, a visita dun grupo de estudantes e profesoras do Instituto arxentino-galego Santiago Apóstolo de Bos Aires. Mozos e mozas chegados dende a outra beira do Atlántico achegáronse á nosa sede para fortalecer os lazos cos valores herdados dos seus devanceiros, que seguen […]
Macarena G. Vicente e Iria Bermúdez dan vida a Curro en “Un porquiño polo San Martiño”

Curro recibe grandes doses de aloumiños, goza de longos paseos coa granxeira e come as mellores landras. Ata que un día escoita algo que remata coa súa tranquilidade. Así comeza Un porquiño polo San Martiño, a obra coa que Macarena García Vicente e Iria Bermúdez Rozas acadaron o Premio Alberte Quiñoi 2025 de álbum ilustrado. […]
O inesperado como protagonista

Do amor á perda: a nova novela de Javier Fraiz. O que por lóxica debería suceder talvez non aconteza. O que semella improbable pode pasar. O azar é coma un deus e compórtase coma o diaño. Así se presenta Amar / Azar, a nova novela de Javier Fraiz, unha historia que transita polos camiños do […]
Xa dispoñible o Plan Lector para Secundaria de Galaxia

Editorial Galaxia presenta o novo Plan Lector para Secundaria 2025, unha ferramenta pensada para achegar ás aulas libros que dialogan cos intereses e preocupacións da mocidade. A través dunha ampla selección de títulos, que inclúe narrativa, poesía, teatro, banda deseñada e novela gráfica, o plan propón lecturas que abordan temas como a amizade, o acoso […]
A mostra CREAR PORVIR exhíbese no Café Moderno e pon en valor o papel do deseño no mundo editorial

Editorial Galaxia conmemora o seu 75 aniversario reivindicando o papel da edición galega, coa exposición “Crear porvir. 75 aniversario Editorial Galaxia” Comisariada por Henrique Monteagudo, actual presidente da Real Academia Galega, Malores Villanueva e Xosé Manuel Dasilva, destaca o labor dos autores e autoras desde 1950 ata a actualidade, reflectindo o papel clave da editorial […]