Entregáronse os Premios Inspiraciencia

Dende hai tres anos, a Editorial Galaxia impulsa a versión galega do Concurso de Relatos de Inspiración Científica, Inspiraciencia, que organiza o CSIC. O pasado xoves, nun acto celebrado en Barcelona, déronse a coñecer os nomes da gañadora e finalistas que recibiron cadanseu diploma acreditativo e un lote de libros dos fondos da nosa editorial. […]
Este domingo a Fundación Otero Pedrayo entrega o Premio Trasalba

A Fundación Otero Pedrayo entregará o domingo 28 de xuño o Premio Trasalba ao pintor Antón Pulido, coa xa tradicional romaría literaria na Casa Grande de Cimadevila. O auditorio da Casa Museo acollerá, dende o mediodía, a presentación do libro "Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888 – 1976)"; a laudatio do editor Bieito Ledo a […]
Uxía Blanco e Fina Casalderrey poñen en imaxes a Neira Vilas

Reunímonos na casa do escritor para visualizar a curtametraxe "Querido Tomás", unha versión cinematográfica realizada e guionizada por Uxía Blanco e Fina Casalderrey, que figuran tamén como actrices. Moi probablemente despois do verán poderemos botar a andar esta nova iniciativa. Vinte minutos intensos nos que se sintetiza o drama da mestra que ve marchar o […]
Charla-Coloquio en Noia con Francisco Castro

O escritor Francisco Castro participará mañá venres nunha charla-coloquio co gallo da publicación do seu TES ATA AS 10. A entrevista será realizada por Manuel López Rodríguez, nun acto organizado por A Lanzadeira de Alcor e que dará comezo ás 21 h. na Casa da Cultura 'Antón Avilés de Taramancos'. 'Tes ata as 10' é […]
Chega o novo libro de Xoán Babarro González

Xoán Babarro González é xa un dos nomes clásicos da literatura infantil e xuvenil de Galicia, e dende hai décadas non deixa de sorprendernos con libros ben cheos de fantasía e sabedoría narrativa. Algo así acontece nesta nova obra, 'As máscaras do profesor Robrinda' no que o autor, ao xeito de 'As 1001 noites' nos […]
Publicamos o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

O profesor da facultade de Filosofía da Universidade de Santiago,Luís G. Soto publica estes días na nosa editorial o libro 'Barthes filósofo', texto que resultou merecente do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística –a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades– e mais pola Editorial Galaxia, […]
Aberta a convocatoria do IX Premio de Narrativa Breve Repsol

Fundación Repsol e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocan a IX edición do Premio Narrativa Breve Repsol, que conta cunha dotación económica de 12.000 euros e inclúe a adquisición por parte de Fundación Repsol dos dereitos de explotación da primeira edición do texto galardoado e a publicación da peza pola Editorial Galaxia. […]
Hoxe comeza o blogue de Antonio Piñeiro

Dende hoxe, e durante un mes e de luns a venres, o escritor Antonio Piñeiro ofreceranos, na sección BALCÓN DE LIBROS do noso blogue, un post no que irá completando algúns dos asuntos que trata no seu libro A IDENTIDADE FASCINADA que vimos de publicar e que nos leva aos días da Compostela dos anos […]