Chega o novo libro de Xoán Babarro González

Categoría: Nova

Xoán Babarro González é xa un dos nomes clásicos da literatura infantil e xuvenil de Galicia, e dende hai décadas non deixa de sorprendernos con libros ben cheos de fantasía e sabedoría narrativa.
Algo así acontece nesta nova obra, 'As máscaras do profesor Robrinda' no que o autor, ao xeito de 'As 1001 noites' nos ofrece unha obra dentro de moitas obras, ou moitas historias dentro dunha única historia.
A rapazada galega vai ter que entrar dentro deste labirinto fermoso para desentrañar o misterio…

Comparte nas túas redes sociais ou por email