Reunímonos na casa do escritor para visualizar a curtametraxe "Querido Tomás", unha versión cinematográfica realizada e guionizada por Uxía Blanco e Fina Casalderrey, que figuran tamén como actrices. Moi probablemente despois do verán poderemos botar a andar esta nova iniciativa. Vinte minutos intensos nos que se sintetiza o drama da mestra que ve marchar o seu primeiro amor ás Américas, na Galicia dos anos 50, coa guerra civil e o maquis como pano de fondo. Os nenos e nenas que participan no filme son da escola das Cerdeiriñas, en Vila Cruces. Unha nova empresa de creación arredor dun dos nosos clásicos vivos.