Hoxe comeza o blogue de Antonio Piñeiro

Categoría: Nova

Dende hoxe, e durante un mes e de luns a venres, o escritor Antonio Piñeiro ofreceranos, na sección BALCÓN DE LIBROS do noso blogue, un post no que irá completando algúns dos asuntos que trata no seu libro A IDENTIDADE FASCINADA que vimos de publicar e que nos leva aos días da Compostela dos anos 80.
Deste xeito, as lectoras e lectores terán unha maneira de completar os contidos e a historia desta novela híbrida na que Antonio Piñeiro nos traslada aos días dos descobrimentos e o incio da vida grande.

Comparte nas túas redes sociais ou por email