Entregáronse os Premios Inspiraciencia

Categoría: Nova

Dende hai tres anos, a Editorial Galaxia impulsa a versión galega do Concurso de Relatos de Inspiración Científica, Inspiraciencia, que organiza o CSIC. O pasado xoves, nun acto celebrado en Barcelona, déronse a coñecer os nomes da gañadora e finalistas que recibiron cadanseu diploma acreditativo e un lote de libros dos fondos da nosa editorial.
A gañadora foi Aldara García Solar (na foto), de Santiago, polo seu traballo CANDO MAÑÁ NON EXISTA. As finalistas foron Sabela Domínguez Souto, de Verín por A DANZA e Ángela Lámas Gómez, tamén de Verín, polo seu relato O INVERNO E AS ROSAS.
Tres novas escritoras que avanzan un futuro esperanzador para as nosas letras no ámbito da ficción científica.

Comparte nas túas redes sociais ou por email