Antón Riveiro Coello gaña o Premio Frei Martín Sarmiento

A ferida do vento de Antón Riveiro Coello é a obra gañadora do XIV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos. A última novela de Riveiro Coello ata a data, de quen chegou ás librarías a finais do pasado ano a colección de microrrelatos Á sombra dos bonsais, consegue alzarse cun dos galardóns máis […]
Este venres remata o prazo para o Premio García Barros 2018

Convocado polo Concello da Estrada, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, este venres, 4 de maio remata o prazo para presentar orixinais ao XXX Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades), un dos premios de novela de maior traxectoria en lingua galega e un dos de máis prestixioso palamarés: Marcos […]
Chega ás librarías De Gres a Cádiz, un libro inédito de Neira Vilas

Hoxe pola mañá tivo lugar na libraría Couceiro de Compostela a presentación á prensa de De Gres a Cádiz, un libro inédito de Xosé Neira Vilas editado pola profesora da USC Dolores Vilavedra e Luís Reimóndez, presidente da Fundación Xosé Neira Vilas. Acompañándoos estivo o director xeral da Editorial Galaxia Francisco Castro. A este novo […]
Galaxia colabora no Mapa Literario de Vigo

O pasado luns, co gallo do Día do Libro, a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas, presentou ao público o seu Mapa Literario de Vigo. Con este proxecto, afirman dende a Biblioteca “queremos amosar a importancia da nosa cidade dentro da literatura. Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que […]
Xulio Amigo novo presidente do Culturgal

Onte soubemos que Xulio Amigo, director comercial da Editorial Galaxia, será o novo presidente do Culturgal, a Feira de Industrias Culturais máis importante do país. Xulio Amigo releva a Manuel Bragado, presidente de Culturgal desde o ano 2014. Culturgal está integrada pola Asociación Galega de Editoras (AGE), Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), […]
Emma Pedreira gaña o Premio da Crítica Española por Bibliópatas e fobólogos

Hoxe soubemos que Bibliópatas e fobólogos de Emma Pedreira recibía o Premio da Crítica Española de narrativa galega. Con este libro de microrrelatos onde hai libros que falan de libros que conteñen libros que nos poden enfermar ou sandar ou sandar ou sacar o mellor de nós, que pode ser o peor, a Asociación Española da Crítica, […]
Sonárbore copa os finalistas dos Premios Martín Códax da Música

Na festa dos finalistas dos Premios Martín Códax da Música 2018, celebrada onte nas bodegas Martín Códax en Cambados, soubemos que tres dos traballos publicados por Sonárbore o pasado 2017 ocupaban os tres postos finalistas na categoría de música infantil: Pitusa Semifusa e os estilos musicais de Olga Brañas, Pakolas de Paco Cerdeiras e Cancións […]
Chega ás librarías Serpe de cristal

Estes días chegaba ás librarías Serpre de cristal, o novo traballo musical de Pirilampo para os máis pequenos publicado na colección Sonárbore. O golfiño, a abella, a serpe sapeira, a píntega, o tritón, o reiseñor, a bubela, todos os peixes do mar e moitos outros animais que te rodean están neste novo libro-cd, e xunto […]